
Final

Orixinal
Aproveitando un arquivo Raw fixen dúas exposicións (+1 , -0,65). Abrín as imaxes en modo tif 16 bites no Ps. e utilizei o método de José María Mellado do seu libro "Fotografía digital de alta calidad" para aumentar o rango dinámico dunha fotografía a partir dun arquivo Raw, que supoño que moitos de vos xa coñecedes, consiste nos seguintes pasos.
1- Colocar a imaxe oscura enriba da clara
2- Crear unha máscara de capa
3- Pinchar na capa fondo (imaxe máis clara)
4- Pulsar (Ctrl+A) para selecionar a imaxe, e (Ctrl+C) para copiala
5- Mantendo pulsado (Alt) pinchar na máscara de capa
6- Pulsar (Ctrl+V) para pegar a imaxe na máscara, ten que aparecer unha versión en B/N
7- Aplicar un desenfoque gaussiano aproximado a 40
8- O volver a pinchar no fondo aparecera a imaxe resultante.
Depois xogando ca opacidade e axuste de niveis da máscara podemos obter o resultado desexado.
Neste caso, tamen a pasei a B/N, apliqueille un tono sepia e un degradado.


No hay comentarios:
Publicar un comentario